
Pippi Mediaslongas Nos Mares Do Sur (Tapa Dura).
Pippi Mediaslongas ten a capacidade de converter nunha aventura abraiante calquera cousa que faga. Nesta ocasion, canda os seus inseparables Tommy e Annika, Pippi viaxara co seu pai, Efraim Mediaslongas, a illa de Korakora, onde o capitan e un poderoso rei. Pippi Mediaslongas nos Mares do Sur publicouse orixinalmente en 1948 como colofon da triloxia formada por Pippi Mediaslongas (1945) e Pippi Mediaslongas embarca (1946). A recuperacion deste clasico, coas ilustracions orixinais e restauradas de Ingrid Vang Nyman, permite seguir gozando das extravagancias desta figura iconica da literatura contemporanea: rebelde, transgresora e desclasada, simpatica, independente e extrovertida, Pippi rompe estereotipos e actua de forma contestataria fronte aos maiores. Moitos adultos -ben no ambito da literatura, ben da educacion- escandalizaronse polos xestos e comentarios do personaxe e tildarono de mal exemplo para a infancia. Sen embargo, o exito da obra literaria foi imparable, dando lugar a unha serie na television sueca e varias peliculas.